CRTVG

Buscar

Unha nova superavoa decora unha fachada na Pobra do Brollón

Publicado o 25/05/2021 14:36

Tubina ten 89 anos e unha vitalidade envexable. A horta e as súas pitas son o seu día a día, pero tamén o coidado dos netos e a axuda a todos os veciños. É unha muller moi querida e para agradecerlle todo o que fai, os residentes da Pobra de Brollón quixeron homenaxeala cun gran mural, ao lado da súa casa, en que a retratan tal e como é. Unha súper heroína do rural acompañada dos seus animais. 

Para esta sorpresa contaron coa axuda de Joseba Murazábal, o artista urbano que se encarga de pintar murais en que retrata a auténtica muller rural galega e que están espallados por diferentes aldeas e vilas de Galicia. Cando lle contaron a idea non o dubidou e puxo rumbo a Brollón para coñecer esta superavoa. 

Outra superavoa súmase á serie 'Fenómenos do rural', en que se retrata a realidade da muller galega: traballo, sacrificio, paixón e agarimo. 

Noticias web

25/05/2021