CRTVG

Buscar

Unha nova praga de toxinas pecha de novo o marisqueo na ría de Pontevedra

Publicado o 25/09/2020 14:44

Así está hoxe o pequeno porto da lonxa de Campelao, coas embarcacións de marisqueo amarradas.

O marisqueo comeza o outono coa terceira veda do ano.

A aparición dunhas toxinas lipofílicas en especies como a ameixa obrigaron a pechar de novo as zonas de extraccións da ría de Pontevedra pola elevada presenza destas substancias que poden provocar problemas de saúde.

Esta medida, que xa é definitiva, afecta a máis de 400 mariscadores que traballan a pé e outros cen que o fan en embarcacións. O aviso chegou o mércores por parte de algúns compradores. 

Isto provocou a devolución de arredor de 480 quilos de ameixas que están sendo tratadas para eliminar esas substancias que afectan ao bo estado dos moluscos. 

A pesar de que o verán foi mellor do que esperaban, o ano está sendo moi duro para os mariscadores porque a esta terceira veda que lles impide traballar hai que engadir o paron dos meses de pandemia. 

Os únicos que se salvan destas restricións son os mariscadores dedicados á recollida da navalla e longueirón, que non se viron afectados por esta nova praga de tóxinas. 

Noticias web

25/09/2020