CRTVG

Buscar

Unha nova lexislación reduce a espera para adopcións fóra de España

Publicado o 31/03/2019 18:10

Era unha demanda reiterada polas familias que agardan por un adopción fóra de España. A situación mudou de xeito considerable nos últimos anos; por exemplo, aquí en Galicia pecháronse os expedientes con Etiopía, un dos países dos que máis nenos viñeron, e na China a espera pasou duns 18 meses en 2005 a once anos actualmente.

Agora hai cambios nos trámites, a raíz do regulamento que aprobou a semana pasada o Consello de Ministros e se agarda desbloquee esta situación. Imos coñecelos polo miúdo da man de María Amparo González, directora xeral de familia, infancia e dinamización xeográfica da Xunta.

Noticias web

31/03/2019