CRTVG

Buscar

Unha nova gota fría pone en alerta Valencia e Alacante

Publicado o 02/12/2019 14:52

A semana comeza con chuvias fortes en todo o país, especialmente persistentes no sueste peninsular, as Baleares e Melilla. As provincias de Valencia e Alacante están en alerta laranxa por chuvia, e hai aviso amarelo noutras provincias do Levante e nas illas Baleares.

A  nova gota fría afecta o leste de España con chuvia, vento e marusía. Malia que non se prevé que sexa tan forte e davasadora como a do pasado mes de setembro, hoxe hai alerta laranxa por chuvia en Valencia e Alacante, e amarela por precipitacións ou temporal na costa en Xirona, Castellón, Murcia, parte de Almería e as Baleares.

En Santa Margalida, na illa de Mallorca, a chuvia deixou garaxes anegados e rúas asolagadas.
Mañá os avisos amarelos ou naranxas estendense a todo o Levante, desde Xirona ata Almería e arquiplélago balear por chuvia, ondas e vento. Ata o xoves non se espera que empece a remitir.

Antes de que se desprazara cara ao leste, o temporal deixou onte á tarde importantes inundacións en Luanco, Asturias, onde houbo que achicar 80.000 litros de auga.


 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

02/12/2019