CRTVG

Buscar

Unha nena ourensá envía un mural de agradecemento aos sanitarios que coidaron do seu pai, enfermo de covid-19

Publicado o 12/11/2020 14:54

Tras as paredes do hospital, a loita contra a covid déixanos historias cargadas de emoción, como a mensaxe de agradecemento que unha nena de Ourense lles enviou aos sanitarios que curaron a seu pai. 

"Mira o que nos manda a túa familía, a túa nena Celia: grazas polo voso cariño, pola vosa paciencia. Polas boas e cariñosas palabras coas que falades coa miña mamá. Tedes que estar orgullosos do voso traballo. Desexo que isto remate pronto para que podades descansar. Merecédelo! Ánimo!"

Son as emotivas palabras coas que Celia, de só 10 anos, lle agradecía ao persoal sanitario como coidaron do seu pai. A covid-19 golpeou con forza a Miguel que tivo que acabar ingresando no hospital.

Momentos duros tanto para el como para a súa familia que conseguiron superar grazas ao calor humano do persoal santario.

Un remuíño de emocións que Celia plasmou nun mural. Un tesouro que nos lembra a humanidade que se agocha tras esta pandemia e que alenta a estes superheroes a seguir loitando contra o virus.

Noticias web

12/11/2020