CRTVG

Buscar

Unha nena de tres anos resulta ferida grave nun atropelo no Grove

Publicado o 20/08/2021 18:20
Unha nena de tres anos resulta ferida grave nun atropelo no Grove
EFE

Unha nena de tres anos, veciña da Coruña, foi hospitalizada este mediodía en estado grave tras ser atropelada no Grove (Pontevedra), mentres que o seu pai, de 40 anos, sufriu feridas leves.

O accidente produciuse ás 12:20 na estrada de Pedras Negras, en San Vicente, segundo fontes da Garda Civil, que abriu dilixencias para aclarar o sucedido. De acordo coas testemuñas do accidente, un vehículo levou por diante o carriño no que viaxaba a pequena empuxada polo seu pai.

Ao volante do turismo ía unha veciña de Ciudad Real de 54 anos e de debaixo sacárona as testemuñas tras o sinistro. Desde o  CIAE-112 alertouse aos servizos médicos, aos Bombeiros de Ribadumia, ao GES de Sanxenxo, á Garda Civil de Tráfico, á Policía Local e ao Servizo Municipal de Protección Civil do Grove.

Finalmente, unha ambulancia de soporte vital avanzado, segundo o 061, trasladou á menor ao Hospital Clínico Universitario de Santiago.

Noticias web

20/08/2021