CRTVG

Buscar

Morren dúas irmás de 10 e 19 anos nun accidente de tráfico en Madrid

Publicado o 10/02/2019 18:15

O accidente ocorreu pasada a unha da mañá cando, por causas descoñecidas, un monovolume se estampou contra a mediana. Foi na Nacional 4 á altura de Pinto. Ata o lugar desprazáronse efectivos do SUMMA e dos Bombeiros da comunidade.

Cando chegaron, a menor estaba en parada cardiorrespiratoria. Os servizos médicos tentaron reanimala, sen éxito, e confirmaron a súa morte por politraumatismos. A outra irmá, de 19 atopábase consciente nun primeiro momento, pero entrou en parada cardiorrespiratoria e faleceu nada máis chegar ao hospital.

A terceira irmá, de 15 anos, e os seus proxenitores, todos de orixe magrebí, permanecen ingresados con feridas de diversa consideración. A Garda Civil investiga as causas do sinistro.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/02/2019