CRTVG

Buscar

Unha nena acoitela a parella da nai para evitar que a matase

Publicado o 05/07/2021 21:11
Unha nena acoitela a parella da nai para evitar que a matase

En Alacante, unha nena de 12 anos acoitelou a parella da nai para impedir que a matase dunha malleira. Os feitos ocorreron esta madrugada. Ao parecer, o home, de 61 anos, golpeou a parella na cabeza e deixouna inconsciente. Logo agarrouna polo pescozo para esganala. A filla da muller intentou frear a agresión. Pero como non podía con el, acoitelou o home ata que soltou a nai. Os dous adultos foron trasladados ao hospital, el, como detido. A cativa está nun centro de menores.
 

Noticias web

05/07/2021