CRTVG

Buscar

Unha nave logra pousarse na cara oculta da Lúa por primeira vez na historia

Publicado o 04/01/2019 10:41

Por primeira vez na historia, unha nave logra pousarse na cara oculta da Lúa, grazas á sonda Chang'e 4 lanzada pola China.

Engalou o pasado 8 de decembro e este xoves completouse con éxito a aluaxe, que supón un fito máis para o ambicioso programa espacial do país asiático, unha prioridade absoluta para o Goberno. A sonda analizará a composición do terreo para afondar sobre a orixe e a evolución do satélite.

Esta cara lunar, invisible desde o noso planeta Terra, sempre espertou interese e moitas incógnitas que poderían agora quedar resoltas grazas a este fito histórico da exploración espacial.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

04/01/2019