CRTVG

Buscar

Unha narcolancha entra nunha praia de Cádiz tentando fuxir da Garda Civil

Publicado o 04/06/2020 16:29

Espectacular persecución dun helicóptero a unha lancha que supostamente transportaba droga.

Tentando fuxir da Garda Civil que a seguía de preto dende o aire, a lancha entra a toda velocidade nesta praia da Linea da Concepción, en Cádiz.

Os catro ocupantes abandonan a embarcación e emprenden a fuxida a pé, pero os axentes conseguen detelos en terra. Toda a escena foi seguida con asombro, e cos seus móbiles, polas persoas que estaban no areal.

Dentro da lancha non se incautou droga e suponse que os ocupates a botaron ao mar cando se decataron de que se achegaba a Garda Civil.

 

Noticias web

04/06/2020