CRTVG

Buscar

Unha nai loita en Tomiño para que o seu fillo poida saír de Venezuela

Publicado o 04/04/2019 20:07

Unha nai desesperada loita en Tomiño para que o seu fillo poida saír de Venezuela. O mozo, de 22 anos, viaxou alí hai máis dun ano para que a súa parella, embarazada, arranxase uns papeis. O parto adiantouse e por trámites burocráticos non puideron regresar na data que tiñan prevista. Roubáronlles os pasaportes e viven agora nunha situación límite sen posibilidade de volver a España.

Lourdes está a mover ceo e terra para que o seu fillo e a súa familia poidan regresar a España.

Carlos ten 22 anos e intenta saír do país co seu bebé de 13 meses, a súa parella e as dúas fillas menores desta. Están nunha situación límite.

Carlos pesaba 74 quilos cando marchou a Venezuela, e perdeu trinta neste tempo. A súa saúde corre serio perigo e a vida de todos está en risco porque, segundo Lourdes, pensan que por ser español ten diñeiro.




 

Noticias web

04/04/2019