CRTVG

Buscar

Unha nai faise pasar pola filla para decubrir o acosador da menor en redes

Publicado o 17/01/2020 14:15

Foi a través dunha rede social como o presunto acosador contacta coa menor. Ao parecer, é a propia nena, de 13 anos, a que alerta a súa nai cando o acosador lle pregunta se alguén controlaba o seu móbil. Nese momento, e co fin de protexer a súa filla, a nai faise cargo do teléfono e facéndose pasar pola nena é a que responde ás mensaxes. Observa como as conversas van derivando cara a temas sexuais, polo que decide facer capturas das mesmas. A denuncia chega cando o presunto acosador lle solicita á vítima fotografías de contido sexual, chegando mesmo a enviarlle imaxes súas.

O presunto acosador chega a ser detido e mesmo o xulgado autoriza un rexistro no seu domicilio. Aínda así, arquívase a causa ao considerar que non hai delito, porque é a nai a que facía uso do móbil. Resolución controvertida que non comparten algúns avogados penalistas.

O acoso de menores a través das redes, cada vez é máis habitual. É importante non subir datos, nin fotos, nin vídeos persoais... E desconfiar dos descoñecidos.

A familia xa recorreu contra o arquivamento da causa, segundo publica un xornal lugués. Defende que hai delito de abuso sexual, xa que o presunto acosador coñecía a idade da menor.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

17/01/2020