Unha nai e os seus tres fillos menores, intoxicados por un escape de gas na súa vivenda
Publicado o 12/03/2020 13:37
Toca revisar a caldeira e, seguramente, reparar a instalación de gas. Porque hai unhas horas unha avaría estivo a punto de causar unha desgraza mentres todos durmían nesta vivenda da parroquia viguesa de San Miguel de Oia.
A nai chamou decontado ao 061, onde lle indicaron que abrise fiestras diante da sospeita de que puidese tratarse dun escape de gas procedente da mala combustión do quentador de auga. A policía e os bombeiros confirmaron a orixe da fuga, mentres que a familia foi trasladada ao hospital.
Logo de pasar a noite en observación no Álvaro Cunqueiro, xa recibiron a alta médica e puideron volver á casa.