CRTVG

Buscar

Unha nai de Malí tivo nonixemelgos, un caso extremadamente raro

Publicado o 05/05/2021 21:41

Antes da información do tempo paramos uns segundos en África. Unha muller de Malí deu a luz nove bebés. Os médicos pensaban que a moza ía parir sete nenos, que xa é algo moi excepcional, e trasladárona ata un hospital de Marrocos para poder atendela mellor. A sorpresa veu cando tivo nove pequenos, un caso extremadamente raro. Tanto a nai coma os fillos están ben.