Unha muller sofre queimaduras tras estoupar unha bombona nunha vivenda en Lugo
Publicado o 11/03/2021 21:14
Unha muller tivo que ser trasladada ao hospital en Lugo polas queimaduras que sufriu nun incendio. Ocorreu nunha vivenda do barrio lugués da Milagrosa.
Ao parecer, o sinistro debeuse á explosión dunha bombona de gas, que provocou grande alarma entre a veciñanza e obrigou a desaloxar un edificio. Foron os propios veciños os que chamaron a Policía Local e os bombeiros.
A muller sufriu queimaduras na cara e nun brazo. Por fortuna, saíron ilesos os seus cinco fillos, que teñen entre 1 e 6 anos.