CRTVG

Buscar

Ferida grave ao ser atropelada por un turismo que fuxía dun control en Santiago

Publicado o 14/04/2018 15:07

Atropelo grave esta madrugada en Santiago. O causante, un conductor que fuxía dun control policial. Segundo as testemuñas, o coche circulaba a alta velocidade e fuxía dun control policial. O condutor, que está detido, deu positivo en alcol e drogas.Na súa fuxida o condutor atropelou unha muller en pleno centro de Santiago de Compostela.

O turismo, que ía conducido por un mozo, botouse da estrada, impactou contra un valo protector e acometeu a vítima que transitaba neses momentos pola rúa. A muller presentaba feridas graves nas pernas e foi trasladada nunha ambulancia medicalizada cara a un centro hospitalario. 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/04/2018