CRTVG

Buscar

Unha muller queda ferida en Ourense por un accidente da Policía Local

Publicado o 25/08/2021 20:34

Unha muller quedou ferida esta tarde en Ourense como consecuencia dun accidente no centro da cidade. Ocorreu a primeira hora da tarde ás portas do pazo da Deputación provincial.

Segundo testemuñas presenciais, un coche da Policía Local, que circulaba coas luces de emerxencia, invadiu a beirarrúa ao intentar esquivar un autobús. Bateu contra unha xardineira de grandes dimensións que, á súa vez, golpeu a muller. Foi trasladada en ambulancia, aparentemente, con feridas leves.

Noticias web

25/08/2021