CRTVG

Buscar

Unha muller queda ferida nun incendio en Moaña

Publicado o 30/12/2019 12:55

Arredor do mediodía, o 112 recibía unha chamada de alerta pola columna de fume que saía polo tellado dun edificio situado na avenida Concepción Arenal, en pleno centro de Moaña.

O edificio incendiado é un inmoble de dous andares e un altiño trasteiro. No baixo hai unha floristería e os andares superiores fanlle de almacén. En canto se decataron do lume foron os donos do negocio e os veciños os que tentaron atallalo mentres non chegaban os bombeiros.

A muller ferda foi trasladada a unidade de queimados do hospital Povisa. Un treito da avenida segue cortada ao tráfico para facilitar o traballo dos bomebeiros e polo risco de que poida haber desprendementos.