Unha muller queda ferida en Ourense ao envorcar o seu coche
Publicado o 23/11/2020 14:16

Ferida grave unha muller de 53 anos nun accidente acontecido esta mañá na parroquia ourensá de Vilar de Astrés.
O vehículo saíu da vía, envorcou e caeu por un terraplén, quedando atrapada a súa condutora no interior. A vítima, que estaba inconsciente, pero aínda con pulso, foi rescatada polo seu marido, que acudiu ata o lugar dos feitos acompañado pola Garda Civil e a Policía Local. A muller, veciña de Celanova, foi trasladada ao CHUO con prognóstico grave, aínda que non se teme pola súa vida.