Unha muller queda ferida grave tras un choque entre dous vehículos na aldea ourensá de Bóveda
Publicado o 15/07/2020 10:29
Unha muller queda ferida grave tras un choque entre dous vehículos. Aconteceu na aldea de Bóveda, no concello ourensán de Vilar de Barrio.
Os coches sufriron numerosos danos. A Garda Civil está investigando o acontecido. Manexa a posibilidade de que un dos vehículos saltase o stop.
O choque foi frontolateral co outro vehículo que circulaba pola vía principal.
Nos vehículos só ían os condutores. Ambos foron trasladados ao Complexo Hospitalario Universitario de Ourense. Son un home con mancaduras leves e unha muller con feridas que revisten gravidade.