CRTVG

Buscar

Unha muller queda ferida de gravidade logo dun conato de incendio no hospital de Ourense

Publicado o 31/12/2019 14:28

Unha muller ingresada na unidade de Psiquiatría do Complexo Hospitalario de Ourense tivo que ser atendida de queimaduras con prognóstico grave tras un conato de incendio esta madrugada.

Segundo o comunicado do Seragas, o lume foi causado pola propia paciente, que intentou queimar cun acendedor o colchón da súa cama. Dende o centro hospitalario abriron unha investigación interna para aclarar o acontecido.

Aínda que se avisou os bombeiros, non foi precisa a súa intervención, xa que foron os propios traballadores os que sufocaron as lapas. Catro deles precisaron atención por inhalación de fume, pero xa recibiron a alta. O suceso obrigou a recolocar os pacientes da unidade de agudos, un total de 19, noutro espazo do centro.

Noticias web

31/12/2019