CRTVG

Buscar

Unha muller perdida e os seus rescatadores pasan a noite no monte de Ponteceso por seguridade

Publicado o 28/05/2019 11:33
Unha muller perdida e os seus rescatadores pasan a noite no monte de Ponteceso por seguridade

Unha muller que se perdeu esta noite na localidade coruñesa de Ponteceso e os dous axentes da Garda Civil que a encontraron víronse obrigados a pasar a noite no monte debido ás condicións do terreo e a falta de seguridade, informan fontes de Emerxencias 112.

A muller perdeuse en Monte Blanco, preto da praia de Valarés, cando saíu pasear co seu can pero non soubo volver á casa.

O 112 recibiu o aviso da aplicación Alpify 365 arredor das dez e media da noite e, coas coordenadas que facilita esta ferramenta, púxose en contacto coa Guardia Civil, que comenzou o rastrexo por unha zona frondosa de Cospindo.

Dous axentes da Garda Civil localizaron pouco tempo despois a muller, que se encontraba en perfecto estado de saúde, pero o regreso complicouse debido á inestabilidade do terreo, polo que o equipo de rescate decidiu pasar a noite no monte.

Provistos de suficiente roupa de abrigo, os axentes arrouparon a muller e acompañárona ata o mencer, cando retomaron con mellores condicións o camiño de volta á casa, situada en Ponteceso.

A primeira hora desta mañá, un equipo do GES de Ponteceso, en coordinación coa Garda Civil, levoulle á muller e aos seus rescatadores máis roupa de abrigo e bebidas quentes. 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí