CRTVG

Buscar

Unha muller nova cae dende un quinto piso, en Vigo, cando fuxía dunha redada

Publicado o 10/10/2018 14:11

Atención ao que pasou esta mañá en Vigo. En plena rúa da Florida, unha muller nova caeu dende un quinto piso cando ao parecer fuxía dunha redada na vivenda

Desde as oito do mañá os que circulaban pola avenida da Florida de Vigo quedaron sorprendidos polo gran despregamento da Garda Civil, fronte ao número trinta e tres. Algúns mesmo chegaron a ver o corpo da muller de vinte anos que, fuxindo desta redada contra unha banda xuvenil violenta latina, tentou ir do quinto ao cuarto andar e acabou caendo sobre o vehículo da Garda Civil e logo no chan.

A muller está na UCI do Álvaro Cunqueiro de Vigo. Os axentes permaneceron no lugar durante toda a mañá subindo e baixando constantemente do edificio, ao inmoble tamén accedeu algún avogado e persoal do xulgado de instrución número catro de Vigo, que foi o que autorizou os rexistros que se efectuaron esta mañá na cidade de Vigo. Non foi o único rexistro que se practicou nesta xornada. A Garda Civil informou que grazas a este operativo se detiveron cinco persoas e unha máis está investigada.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/10/2018