CRTVG

Buscar

Unha muller morta por intoxicación tras comer nun restaurante de luxo en Valencia

Publicado o 19/02/2019 21:06

Un restaurante de luxo de Valencia pecha ao público mentres se aclaran as causas da morte dunha clienta e a intoxicación de varios máis a fin de semana. Podería tratarse dunha intoxicación polo consumo de cogomelos, pero as autoridades sanitarias están investigando o sucedido. O restaurante vai permanecer pechado mentres non se aclara todo. A muller morta tiña 46 anos e presentaba síntomas de intoxicación despois de comer canda o seu marido e o seu fillo no restaurante. Os outros sete intoxicados evolucionan ben.


 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

19/02/2019