CRTVG

Buscar

Unha muller morre en Bande ao caer ao lume cando queimaba uns restrollos

Publicado o 18/02/2019 14:10

Falece unha muller de 83 anos en Güín, Bande, mentres facía unha queima de mato. Aconteceu, supostamente, hai xa tres días, pero foi onte cando un veciño atopou de casualidade o corpo. A muller vivía soa e malia que foi ao monte cunha veciña, esta ten problemas mentais e, supostamente, non informou do acontecido.

Foi un veciño de Güín que ía apañar nabizas o que atopou onte pola tarde o corpo sen vida de Dorinda Fernández nesta parcela de difícil acceso.

O corpo foi trasladado ao Complexo Hospitalario de Ourense para facerlle a autopsia.

Isto aconteceu, supostamente, xa o venres, pero a muller vivía soa e ninguén se decatou da súa ausencia. Si sabía algo unha veciña que acompañara a Dorinda ao monte, pero supostamente deixouna alí e non informou ata onte.

A muller tiña 83 anos. Hoxe as campás de Güín anunciaban a súa tráxica morte.

 

Noticias web

18/02/2019