CRTVG

Buscar

Unha muller morre cada 26 horas na Arxentina vítima da violencia machista

Publicado o 21/06/2017 18:44

As cifras son estarrecedoras, e van en aumento no país que viu nacer o movemento de protesta 'Nin unha menos

Na Arxentina morre unha muller cada 26 horas vítima da violencia machista. As cifras son estarrecedoras, e van en aumento no país que viu nacer o movemento de protesta 'Nin unha menos'.

As víctimas da violencia machista aumentaron na Arxentina un 8% entre o 2015 e o 2016, pero os números son aínda máis arrepiantes. Nos cinco primeiros meses deste ano, morreron xa 133 mulleres no país austral a mans de homes, o que deixa unha víctima cada 26 horas.  Feminicidios, como se denomina na Arxentina a este tipo de crimes, que foron cometidos na súa maioría por homes do círculo íntimo das víctimas.

"O 18 % das mulleres asasinadas no que vai de 2017 lograran realizar unha denuncia e o 9 % tiña medidas de protección dictadas pola xustiza. Todos eses femicidios poideron terse evitado se a Xustiza, se o Estado se tivera feito presente".  

Aseguran que existe unha falla moi importante á hora de recepcionar as denuncias, abordalas e xestionar a situación para garantir a vida e a seguridade da denunciante. 

Unha idea refrendada pola relatora especial sobre violencia contra a muller da ONU nunha recente visita ao país austral. 

O pasado 3 de xuño esta lacra imparable voltou mobilizar a milleiros de persoas en diferentes puntos do país para reclamar medidas efectivas para combatir a violencia contra as mulleres baixo a consigna "Nin unha menos".

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

21/06/2017