CRTVG

Buscar

Falece atropelada por unha furgoneta de repartición en Maside

Publicado o 17/01/2020 18:57

Tráxico accidente o que sucedeu este mediodía nesta estrada local que discorre paralela á vía do tren, no lugar da Touza, en Maside. A dona desta vivenda, Carmen, de 83 anos, escoitou que chegaba a furgoneta do penso, e saíu da casa para mercar un saco para as galiñas.

Ángel Rafael Rodríguez García, capitán xefe do subsector de Tráfico de Ourense: "A furgoneta viña traerlle penso á veciña e, unha vez descargado, cando estaba dando marcha atrás aquí no camiño veciñal, que non ten nome, a señora estaba detrás, non se deu conta, e atropelouna, causando o seu falecemento. Ten uns 83 anos e, posiblemente, non lle deu tempo a apartarse".


A neta da falecida, que estaba canda ela na vivenda, e o propio condutor da furgoneta, chamaron inmediatamente os servizos de emerxencias, pero a muller xa falecera. O informe forense concretará se foi como consecuencia do atropelo ou pola caída.

Ángel Rafael Rodríguez García, capitán xefe do subsector de Tráfico de Ourense: "Ata que investiguemos as causas, que está o equipo de atestados traballando niso, non podemos saber exactamente como foi".

O accidente ocorreu pouco antes das dúas do mediodía. Numerosos veciños acudiron ata o lugar, impactados pola noticia. O condutor da furgoneta deu negativo nos controis de alcol e drogas.