CRTVG

Buscar

Unha muller morre asasinada presuntamente pola súa ex-parella, que tamén feriu o fillo

Publicado o 13/01/2019 11:18

Sucedeu en Fuengirola, onde unha muller de 47 anos, de nacionalidade española, faleceu tras ser acoitelada pola súa ex-parella, un cidadán alemán de 50 anos, detido pouco despois en Marbella, nun hospital ao que acudira para curar algunha ferida. O fillo menor de ambos, de 16 anos, tamén tivo que ser atendido por feridas leves que presuntamente llas faría o seu pai. O rapaz foi quen avisou un particular, que alertou o servizo 112 para que acudise en auxilio da nai. Esta é a segunda vítima de violencia machista neste ano 2019 en España.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/01/2019