CRTVG

Buscar

Unha muller morre asasinada cada 30 horas na Arxentina

Publicado o 16/02/2017 13:49

Así o indican as últimas estatísticas das ONGs do país. Nos últimos anos dobrouse o número dos crimes para facer dano á parella ou ex-parella, matando os seus fillos, irmáns ou amigos

A violencia machista na Arxentina xa non ten como únicoobxectivo as mulleres. No afán por darlles onde máis lles doe ás vítimas, o agresor tamén mata os seus fillos, irmáns, amigos e outros seres queridos en asasinatos arrepiantes. Este tipo de crimes duplicouse nos últimos anos e xa se produce un caso por semana no país austral. 

É o que reflicte un estudo publicado pola ONG Casa do Encontro que sitúa en 55 os feminicidios vinculados cometidos no 2016.

Os arxentinos teñen na memoria recente sucesos como o masacre de Hurlingham, onde un home asasinou a súa ex-parella e acabou con outros 6 membros da familia.

Na maioría dos casos, os fillos menores son o principal obxectivo do agresor.

A pesar de movementos multitudinarios como 'Ni Una Menos' ou o propio aparello estatal A Arxentina non é capaz de frear o ascenso da violencia machista, que deixa unha muller asasinada cada 30 horas.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

16/02/2017