CRTVG

Buscar

Unha muller morde un policía local tras ameazar o persoal do centro de saúde de Vilagarcía

Publicado o 23/08/2019 14:13

Contra o mediodía do mércores unha muller de 28 anos entrou no centro de saúde de Vilagarcía para solicitar unha medicación que non tiña prescrita polo seu médico. A denegación do fármaco alterou a muller que comezou a ameazar o persoal sanitario que nese momento estaba no centro.

Minutos despois saía do ambulatorio e entraba na farmacia que hai enfrente para intentar mercar esa mesma mediación. As farmacéuticas dixéronlle que non lla podían dispensar porque non tiña receita, o que lle provocou un novo ataque de ira. Foi xusto nese intre cando se presentaron dúas patrullas da Policía Local e Nacional que foran alertadas polo persoal do centro de saúde.

Alba Gago, titular da farmacia, dixo que a muller chegou un pouco descontrolada á farmacia demandando unha medicación pero dixéronlle que non lla podía dispensar sen receita. Asegura que a muller non entraba en razón e empezou a gritar. Nese intre chegou a policía e levouna para fóra e xa comezou o show, empezou a saltar por riba dos coches.

A muller, unha vella coñecida das forzas de seguridade, intentou escapar subindo por riba dos coches e acabou mordendo e rabuñando dous axentes municipais polo que se procedeu á súa detención por agresión á autoridade e por alteración da orde pública.

O persoal do centro de saúde asegura que non se trata dun caso illado. Din que son vítimas de ameazas e de intentos de agresión con frecuencia.

Alba Lago, titular da farmacia, lembra que hai uns anos había un garda de seguridade en urxencias que lles daba un pouco de tranquilidade pero que o quitaron hai anos.

O persoal do centro de saúde reclama que se repoña canto antes o servizo de seguridade para poder traballar con tranquilidade.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

23/08/2019