CRTVG

Buscar

Unha muller grave e 34 feridos na A-1 dirección Burgos, con 50 vehículos implicados

Publicado o 05/04/2019 22:07

Unha muller de 62 anos resultou ferida grave e outras 34 persoas feridas leves no accidente múltiple na A-1 entre os quilómetros 93 e 95 sentido saída en Madrid, na que se viron implicados máis de 50 vehículos, segundo informou un portavoz de Emerxencias 112 Comunidad de Madrid.

O sinistro tivo lugar, por causas que agora investiga a Garda Civil de Tráfico, sobre as 14.12 horas deste venres no quilómetro 95 na autovía de Burgos, que está nevada nese tramo. Entre SUMMA 112 e Saúde Castela e León, coa colaboración de Protección Civil e Cruz Vermella atendideron 35 persoas. A muller que resultou ferida grave foi trasladada ao Hospital de Segovia. A A-1 segue cortada.

Noticias web

05/04/2019