CRTVG

Buscar

Unha muller que cruzaba indebidamente queda ferida grave ao atropelala un patinete eléctrico en Vigo

Publicado o 28/10/2019 12:10

A muller saía dun establecemento desta rúa Camelias, de Vigo, actualmente en obras pola construción do novo carril bici. Xusto cando foi cruzar, fóra dun paso de peóns, un patinete eléctrico que circulaba pola calzada atropelouna.

A muller caeu ao chan e golpeou a cabeza, polo que precisou asistencia sanitaria. O seu prognóstico é reservado. O condutor do patinete resultou ileso. Desta volta este tipo de vehículo circulaba pola calzada pero a maioría faino pola beirarrúa.

O uso deste tipo de vehículos é cada vez máis frecuente, pero actualmente non existe unha normativa xeral que regule o seu uso e os lugares polos que poden ciruclar.

E niso traballan xa os concellos, para regular o seu uso dependendo das características de cada cidade ata que saía a normativa da DXT. En calquera caso, a recomendación é a mesma. Sexa por calzada ou beirarrúa, a velocidade deberá ser a adecuada para salvargardar a seguridade dos usuarios da vía.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí