CRTVG

Buscar

Unha muller quedou ferida ao envorcar o seu coche na autoestrada entre A Coruña e Carballo

Publicado o 18/06/2019 12:27

Novo accidente de tráfico nun dos puntos negros da AG-55. Aconteceu á primeira hora desta mañá no quilómetro 17 da vía rápida que enlaza A Coruña con Carballo. Foron dous os vehículos os que se viron implicados. Un deles bateu contra a mediana ao quedar sen control. Outro acabou envorcando. A muller que ía ao volante resultou ferida. Por sorte, non de gravidade.

Ata o lugar desprazáronse varias ambulancias e efectivos da Garda Civil. Tamén acudiron os bombeiros de Arteixo, porque nun primeiro momento se pensou que podería haber unha persoa atrapada no interior.

Este é o mesmo punto no que a finais de maio un carballés morría atropelado ao saír do seu coche para auxiliar un dos ocupantes dun turismo accidentado.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

18/06/2019