CRTVG

Buscar

Unha muller falece en Madrid tras caer co seu coche por unha fonda ribada

Publicado o 09/02/2020 13:27

Unha muller de 38 anos morreu este domingo tras saír da vía o vehículo en que viaxaba pola A-2 e caer por unha ribada de oito metros de altura, en Madrid.

Segundo as asistencias médicas, a condutora e única ocupante do turismo faleceu no acto. Os bombeiros tiveron que excarecerar o corpo da vítima. Antes da caída, o coche impactou contra un valado de formigón e o forte golpe deixouno totalmente deformado.

O suceso ocorreu de madrugada e non houbo ningún outro vehículo involucrado.
 

Noticias web

09/02/2020