CRTVG

Buscar

Unha muller faleceu en Oviedo polo puñazo que lle propinou a súa parella na cara

Publicado o 13/09/2020 15:06

Unha muller faceleu en Oviedo polo puñazo que lle propinou a súa parella na cara. Tras o golpe sufriu un paro cardíaco que a levou ao hospital onde horas despois morreu. 

Todo aconteceu no portal deste edificio onde a vítima residía coa súa parella, un home que foi detido pola Policía Nacional e que está á espera de pasar a disposición xudicial.

De confirmarse como crime machista, serían xa 31 as mulleres asasinadas en España polas súas parellas ou exparellas no que levamos de ano. 

Noticias web

13/09/2020