CRTVG

Buscar

Unha muller embarazada perde o fillo que esperaba nun tiroteo con cinco feridos en Sabadell

Publicado o 20/09/2021 19:07
Unha muller embarazada perde o fillo que esperaba nun tiroteo con cinco feridos en Sabadell

Os Mossos de Esquadra investigan un tiroteo en Sabadell en que unha muller embarazada perdeu o neno que esperaba. A muller está ferida grave e agora investígase se se trata dunha agresión machista. O tiroteo deixou tamén outros 5 feridos (3 mulleres e 2 homes), un deles en estado grave.

O tiroteo produciuse esta madrugada nun polígono comercial de Sabadell cando un home abriu fogo no medio da celebración dun botellón. Agora os Mossos investigan se o agresor tivera unha relación sentimental cunha das mulleres atacadas.




 

Noticias web

20/09/2021