Unha embarazada perde o bebé despois de ser atropelada nun paso de peóns en Vigo
Publicado o 14/09/2019 15:11
A muller permanece ingresada en estado grave
Ocorreu ás once menos cuarto da noite na avenida do Tranvía, á altura do número 106. A moza, de 24 anos, saíra do centro sociocultural A Feira de Cabral coa intención de regresar á casa. Cando cruzaba polo paso de peóns, un coche levouna por diante. A moza, que foi trasladada ao hospital Álvaro Cunqueiro, permanece ingresada en estado grave. A veciñanza denuncia a escasa visibilidade deste paso de peóns, sobre todo, polas noites. Reclaman medidas de seguridade neste punto para tentar evitar sucesos coma este.