CRTVG

Buscar

Unha muller e un neno de 8 anos quedaron feridos no incendio da súa vivenda en Insua, Ponte Caldelas

Publicado o 01/08/2019 12:34

Unha muller e un neno de 8 anos quedaron feridos no incendio da súa vivenda na parroquia de Insua, en Ponte Caldelas. O lume calcinou o salón e un dormitorio da planta baixa do inmoble.

No momento do suceso estaban na casa a muller e o seu neto, menor de idade, que coa axuda dos veciños conseguiron extinguir as lapas antes da chegada dos bombeiros do Morrazo. O fume afectou toda a vivenda.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

01/08/2019