CRTVG

Buscar

Unha muller dirixe a Garda Civil por primeira vez na historia da institución

Publicado o 17/01/2020 12:54
Unha muller dirixe a Garda Civil por primeira vez na historia da institución

O Goberno nomeou este venres a María Gámez Gámez como directora da Garda Civil, a proposta do ministro do Interior, Fernando Grande-Marlaska. Convértese desta maneira na primeira muller que ocupa ese cargo.

Este semana o ministro do Interior cesou ao director do instituto armado, Félix Azón, e tamén á secretaria de Estado de Seguridade, Ana Botella, cargo para o que designou ao seu xefe de gabinete, Rafael Pérez.

María Gámez Gámez (1969) é desde xuño de 2018 subdelegada do Goberno en Málaga, onde seguiu sobre o terreo as tarefas de rescate de Julen, o neno de dous anos que caeu o 13 de xaneiro do ano pasado nun pozo de case 110 metros de profundidade na localidade malagueña de Totalán.

É licenciada en Dereito pola Universidade de Málaga, ten un diploma de Programa de Alta Dirección de Empresa e un curso de Alta Dirección de Institucións Sociais, ambas as titulacións do Instituto Internacional de San Telmo.

Foi delegada de Innovación, Ciencia e Empresa da Junta de Andalucía en Málaga (2004-2008), delegada do Goberno da Junta de Andalucía nesta cidade (2008-2011), concelleira portavoz do PSOE no seu concello (2011-2016) e asesora técnica da Delegación de Cultura da Junta de Andalucía en Málaga (2016-2018).

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí