Denuncia o roubo de xoias, obxectos e roupa por valor dun millón de euros no seu piso en Vigo
Publicado o 25/10/2021 14:54
Un millón de euros en xoias. Ese é, segundo a vítima, o valor do que lle roubaron dúas mulleres da súa casa en Vigo. As cámaras de seguridade captaron como entraban no edificio e como saían cargadas co botín.
Nada facía presaxiar que foran vítimas dun roubo, xa que a pechadura da vivenda non estaba forzada. A vítima asegura que o sucedido non é un roubo aleatorio e que estaban a ser controlados.
Segundo fontes policiais, na denuncia consta que o valor do subtraído ascende a 2.000 euros, polo que están pendentes de que a vítima poida facer unha ampliación de denuncia. Desvinculan este roubo coa existencia dunha organización criminal croata e con outros roubos ocorridos na cidade.