CRTVG

Buscar

Unha muller de Entrimo sufriu queimaduras graves cando prendía lume nuns restrollos

Publicado o 27/02/2019 14:46

Un labor propio desta época que os expertos aconsellan non facer nunca só, tendo auga á man e con tempo favorable A muller saíra ás dez da mañá para queimar uns restrollos, pero chegado o mediodía, aínda non regresara á casa, así que decidiron ir buscala.

Unha hora despois atopárona na leira, tendida boca abaixo e coa roupa queimada nas pernas e na cintura. A muller, de 70 anos, padece de diabetes e, entre a calor e o fume, puido sufrir algún mareo que a fixo caer.

Estivo varias horas rodeada polo lume. Os servizos de emerxencia atendérona no lugar, pero ante a gravidade das feridas trasladarona en helicóptero a un hospital de Vigo, e o seu prognóstico é reservado.

A muller ía soa, unha circunstancia que nunca é aconsellable cando se vai prender lume. Ademais, cómpre ter sempre auga á man e non queimar con vento ou moita calor.

Hai uns días morría unha anciá en Bande e outro veciño da Rúa sufría queimaduras por unha fogueira no campo.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

27/02/2019