CRTVG

Buscar

Unha muller de Cualedro denuncia por estafa o 'donxoán' detido en Verín

Publicado o 29/10/2019 14:34

O home aragonés, de 46 anos, detido en Verín o pasado día 15 deste mes, porque tiña ordes de busca e captura por toda España por presuntamente estafar mulleres, ten agora que enfrontarse a un novo delito. A muller, veciña de Cualedro, coa que convivía desde o verán en Verín, denunciouno por estafa despois de descubrir que o 'donxoán' contratara créditos bancarios cos seus datos sen que ela tivese coñecemento.

Agora as financeiras reclámanlles os cartos a ela e ao seu marido. Na denuncia asegura que o home, ao que coñeceu a través da redes sociais, a enganou para manter unha relación sentimental para quitarlle os cartos, e supostamente apoderouse de 80.000 euros da súa conta familiar.

O home detido ingresou no cárcere do Pereiro de Aguiar. A Garda Civil mantén aberta unha investigación para tratar de recuperar os cartos ante a sospeita de que o presunto estafador puidese ter un cómplice.


 

Noticias web

29/10/2019