CRTVG

Buscar

Unha muller de 93 anos, segunda vítima mortal na residencia Orpea de Culleredo

Publicado o 27/08/2020 18:59

Á área sanitaria da Coruña segue a ser a máis afectada en Galicia. Na última xornada faleceu unha muller de 93 anos na residencia Orpea de Culleredo. É a segunda persoa falecida neste centro de maiores onde se detectaron 11 usuarios contaxiados e catro traballadores. O número de casos activos na área sanitaria supera os 1.300 e aumentan os hospitalizados. Son 70, 5 en UCI, un menos ca onte.

Ante esta situación, a Xunta de Galicia recoméndalles aos concellos desta área que pechen praias e parques entre as 12 da noite e as 6 da mañá e que se controlen as actividades que se realizan nos centros cívicos.

Durante o día de hoxe continaron no punto de atención continuada do Ventorrillo as probas de cribado entre o colectivo de mozos e reabriuse ao público a Torre de Hércules tras os labores de desinfección ao detectarse un positivo entre o seu persoal.

Noticias web

27/08/2020