CRTVG

Buscar

Unha muller de 87 anos, quinta vítima do virus do Nilo

Publicado o 15/09/2020 09:09

Unha muller de 87 anos é a quinta vítima mortal do virus do Nilo en Andalucía. É a primeira morte que se rexistra en Cádiz, onde hai xa cinco casos confirmados da enfermidade que transmite o mosquito culex. En total, dez pacientes permanecen hospitalizados en Andalucía afectados pola febre do Nilo, catro deles en unidades de coidados intensivos de Sevilla e Cádiz.
 

Noticias web

15/09/2020