CRTVG

Buscar

Unha muller de 84 anos aparece afogada nun lavadoiro de Marín

Publicado o 17/08/2019 11:34

 

 

Foi o aviso dunha persoa particular a que alertou do suceso cunha chamada ao 112 Galicia pasadas as nove da noite deste venres. Trasladáronse ao lugar membros da policía local, bombeiros do Morrazo e de protección civil de Marín. E o persoal sanitario do 061, que só puido certificar o falecemento da muller, que estaba no interior do lavadoiro situado en Ameal, na parroquia de Santa María do Campo, no concello de Marin. 

A Policía Nacional está á espera da autopsia, pero todo parece indicar que a morte se debeu a causas naturais ou a un fatal accidente.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí