CRTVG

Buscar

Unha muller de 74 anos, segunda morte confirmada polo andazo de listeriose

Publicado o 28/08/2019 10:41

Nova morte polo andazo de listeriose de Andalucía, a segunda confirmada. Segundo informa a Junta, a muller que faleceu por listeriose tiña 74 anos e patoloxías previas, que a convertían nunha paciente de risco. O número de ingresados reduciuse un 20 por cento nas últimas 24 horas, o que leva as autoridades sanitarias a pensar que o andazo está remitindo e que podería estar controlado en 15 días.

Mentres tanto, séguense facendo análises no interior da empresa Magrudis para determinar con exactitude onde está o foco do brote. O xerente da empresa di que non lembra cando se realizou a última inspección externa da empresa, pero insiste en que cumpría a normativa sanitaria.

María Luísa Carcedo, ministra de Sanidade: "Isto non é maxia, insisto, a bacteria está, a carne está contaminada, e non se contamina por arte de maxia".

Unha denuncia da Asociación Defensor do Paciente levou a Fiscalía Superior de Andalucía a abrir unha investigación penal sobre o brote de listeriose, que terá que determinar de quen é a responsabilidade final do andazo.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí