CRTVG

Buscar

Unha muller de 60 anos morre atropelada por unha ambulancia nun hospital de Toledo

Publicado o 27/03/2019 19:55

Unha muller de 60 anos morreu atropelada por unha ambulancia sen condutor nun hospital de Toledo.
A vítima estaba esperando na porta de urxencias cando foi esmagada por unha ambulancia do Servizo de Saúde de Castela-A Mancha á que o condutor non lle puxera o freo de man. O coche levou por diante dúas mulleres, unha delas faleceu e a outra está ferida grave.

A policía xa abriu unha investigación para determinar como e porque ocorreron os feitos.

Noticias web

27/03/2019