CRTVG

Buscar

Unha muller de 100 anos, de alta tras un positivo asintomático en Pontedeume

Publicado o 05/05/2020 16:33

Este é o momento do reencontro. Mercedes emociónase cando por fin chega a súa compañeira de cuarto, Isabel. Ambas estiveron semanas en illamento despois de dar positivo en coronavirus. Isabel saía onte mesmo. Cen anos e toda a enerxía.

Tras un primeiro contaxiado na residencia o 22 de marzo, fixéronse os primeiros tests masivos a persoal e residentes. Isabel foi un dos oito casos positivos, entre eles seis maiores que, curiosamente, era todos asintomáticos.

Todos eles foron deixando o illamento cando os tests deron negativo. Isabel recibía a alta o domingo. O peor xa pasou.

Na residencia seguen loitando. Agora saben que contan tamén co exemplo, a forza e a ilusión dos maiores.

Noticias web

05/05/2020