CRTVG

Buscar

Unha coruñesa descobre que é gañadora da Primitiva ao ir comprobar o boleto

Publicado o 02/07/2019 14:17

Hoxe había moita expectación ás portas dunha céntrica administración de loterías da Coruña, e non era para menos, porque é a terceira da cidade que en menos dunha semana reparte premio. Case medio millón de euros por unha Primitiva de dúas apostas que tivo seis acertos e que para máis xa foi cobrada. Porque a agraciada é clienta habitual desta administración. 

E foi aquí, precisamente, comprobando o boleto como soubo do premio. Non se sabe aínda en que vai investir os cartos o que si, que o primeiro gasto xa o fixo.

Na adminstración pensan que non lle perderán a pista. Como esta coruñesa, outras dúas persoas máis en España tamén levaron os mesmos cartos no sorteo. Unha boa maneira de comezar o verán.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

02/07/2019