Unha muller cega consegue ver grazas a un implante cerebral desenvolvido por científicos españois
Publicado o 20/10/2021 21:29
Científicos da Universidade de Elxe logran que unha muller cega poida ver cun implante cerebral.
O microdispositivo, de momento en fase de investigación, consta de dúas partes: unha no cerebro e outra en forma de retina artificial implantada nunhas lentes convencionais. A muller, que quedou cega hai 16 anos, conseguiu co implante volver ver figuras e mesmo letras.